Monday 29 de April de 2024

Alternativa de Sada agradece a todos os votantes a súa confianza no proxecto


Despois dun par de semanas para reflexionar o resultado obtido nas eleccións municipais 2023, queremos agradecer, desde Alternativa dos Veciños Sada, ás persoas que depositaron a confianza no noso partido dándonos o seu voto nestes comicios pasados.

Aínda que os resultados non foron os esperados e non obtivemos representación no Concello de Sada, non nos daremos por vencidos e seguiremos loitando para achegar o noso granito de area e mellorar a xestión do noso concello.

Así mesmo, aínda que algúns, tras o noso silencio destes días, crean que a nosa formación desapareceu en Sada, queremos dicirvos que durante os próximos 4 anos traballaremos para conseguir que Alternativa volva ter representación no noso concello e aínda que soe a derrota, para nós non o é porque crearemos un programa e unha lista acorde aos intereses de todos os veciños e veciñas de Sada.

Alternativa dos Veciños caracterízase por ser un partido distinto e singular, creado por e para axudar a todos os veciños sen ningún tipo de beneficio persoal das persoas que conforman esta formación.